
- Este evento pasou.
A arte como camiño espiritual (en liña)

Cuarta conferencia do Ciclo de conferencias Indigo por Ignacio (Nacho) Llamas, artista contemporáneo español, licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, que traballa con obras volumétricas, fotografía e instalacións.
A través da reflexión e experimentación no ámbito artístico a nivel persoal, a conferencia de Nacho centrarase en:
- A arte como camiño espiritual, como xeito de achegarse ao trascendente, entendido nun sentido amplo.
- A arte como un acontecemento que, desde a perspectiva do creador pero tamén desde a do receptor, nutre a alma e permite que o ser humano se faga as grandes preguntas da vida.
- A arte como experiencia persoal que se plasma na obra.
- Influencia do concepto de Comunión Artística nesta experiencia.
Descarga a invitación que inclúe a ligazón
El Ciclo de conferencias Indigo é un un espazo de coñecemento, reflexión e diálogo cos expertos dos Focolares para enriquecer a nosa visión da realidade. Unha serie de conferencias sobre acontecementos e cuestións relevantes, personaxes históricos e obxectos do patrimonio cultural da nosa historia española, europea e global, que poden ser esenciais para comprender e abordar os retos aos que nos enfrontamos hoxe como sociedades occidentais.