Os conflitos non son o problema: claves e ferramentas para afrontalos, é o título da próxima edición do Obradoiro para a vida en parella... porque dixemos: "Eu si". Terá lugar os días 6 e 7 de maio no Centro Mariapolis Luminosa.
O obradoiro, como en edicións anteriores, está organizado por Familias Novas e Acciones de Familias Nuevas. Eles mesmos afirman que "neste obradoiro pretendemos romper a idea do conflito como inimigo da convivencia, facendo fincapé na xestión do conflito como unha oportunidade de coñecemento e crecemento persoal dentro da parella. Todo isto conséguese a través de temas formativos, dinámicas, reflexións e, por suposto, momentos vividos xuntos en parella".
Información práctica e rexistro.
Máis información no correo electrónico.